Monday 13 de May de 2024

Fontán recibe o fillo do traballador de Cespa falecido en accidente no 2018


A concelleira de Medio Ambiente trasladará a achega do familiar en que asegura que desde entón non se melloraron as medidas de seguridade na empresa

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, recibiu a Francisco Riveiro, fillo do traballador de Cespa que faleceu en 2018 en accidente laboral cando conducía o camión de recollida do lixo, para tomar notas da situación de inseguridade que, segundo el, segue a ter o cadro de persoal da empresa, polo que a edila lles trasladará a súa achega ás persoas responsables.
O familiar demanda que a raíz do que lle aconteceu ao seu pai, se extremen os controis nos camións para que se garanta a seguridade das e dos empregados canto a cuestións como o uso do cinto e a revisión continua do estado dos vehículos. Ao seu xuízo, non se implementaron melloras desde entón, polo que desde o Goberno local se pedirá máis vixilancia: “As nosas portas sempre estarán abertas para escoitar as propostas que melloren as condicións laborais das e dos traballadores”.